Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A sanidade, o instituto e a ría, centran as emendas do BNG de Soutomaior ás contas da Xunta

ies soutomaior

Os nacionalistas presentaron esta semana as emendas aos orzamentos da Xunta de 2021 que suman preto de dous millóns de euros. Investimentos, que os nacionalistas sinalan como “prioridades irrenunciábeis para a veciñanza de Soutomaior que levan anos sendo atrasadas” e que afectan a sectores fundamentais como o ensino, a mellora da atención sanitaria no municipio e o saneamento da ría.

O BNG demanda un investimento dun millón de euros para iniciar a construción dun novo centro de saúde entre Arcade e Soutomaior. Ademais dunha partida de 150.000 euros “para dotar ao centro de saúde do persoal médico e sanitario que tanto precisamos”, segundo explica o deputado Manu Lourenzo.

Outra das emendas céntrase na construción da fase dúas do IES de Soutomaior, por un valor de 600.00 euros para mellorar unhas instalacións, que din, “quedaron pequenas un ano despois de ser inauguradas”. Esíxenlle á Xunta que cumpra coas “demandas tanto do pleno como do consello escolar do IES de Soutomaior para que os mozos e mozas non teñan que quedar nas aulas nos días de choiva e poidan dispoñer dos espazos necesarios”.

Por último, instan á Xunta a que inclúan unha partida orzamentaria nas contas autonómicas deste ano para que se constrúa unha depuradora xa que, subliña o portavoz do BNG en Soutomaior “o mar é un sector económico fundamental para o noso concello e a nosa ría debe sanearse de maneira inmediata”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará