Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rivas arremete contra o Consorcio de Servizos Socias por non reunirse para tratar a construción da gardería de Chapela

gardería dous

A alcaldesa de Redondela lamenta que logo de ano e medio pedindo unha xuntanza co Consorcio Galego de Servizos Sociais e Benestar para abordar a construción dunha escola infantil en Chapela, non obtivesen ningunha resposta.

Unha falta de contestación, por parte deste organismo dependente da Xunta, que contrasta, di a rexedora local, “coa présa que o anterior goberno do PP e a Xunta se deron para asinar un protocolo de colaboración” para a construción da escola infantil a poucos días das eleccións do 21 de maio. Un protocolo que non se puido asinar por problemas de forma e por estar o goberno en funcións.

En canto a tramitación da Modificación Puntual das Normas Subsidiarias de Cidadelle, onde se quere instalar a gardería e que dende o Consorcio aluden como motivo para non asinar o convenio, o goberno local explica que a tramitación está moito máis avanzada que hai ano e medio cando se pretendía asinar ese protocolo, xa que foi aprobada provisionalmente no Pleno e foi remitida á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para a súa aprobación definitiva. Isto reflicte, engade a alcaldesa, “que non se trata dunha cuestión técnica, senón dunha postura claramente política na que se ignoran, deliberadamente, as necesidades dos veciños e veciñas de Chapela á hora de contar cunha escola infantil para os seus fillos e fillas”.


Rivas reitera que a gardería é “irrenunciable” para o seu goberno porque é “un dereito que teñen as veciñas e veciños de Chapela” e que utilizará “todos os medios legais ao seu alcance para que sexa unha realidade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará