Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carapuchiña Vermella, por partida dobre

Carapuchiña

Un dos grandes éxitos da compañía Educateatro regresa a Redondela. Foi no auditorio da Xunqueira onde se estreou esta obra hai cinco anos, e agora otra xeración de nenos e nenas poderán gozar deste clásico renovado. Será hoxe luns con dobre función ás 17.00 e ás 19.00 horas. As entradas están esgotadas, pero poderán ver a retransmisión en directo desde o Facebook do Concello de Redondela. Para Xandre Vázquez, o produtor, é moi emocionante regresar ao escenario onde se estreou a obra, e facelo ademais cunha dobre sesión para máis espectadores poidan vela ao vivo.

Os Bolechas

Mañá martes será a quenda dos Bolechas co espectáculo: Carta aos Reis Magos. Os seis irmáns están moi nerviosos porque queda pouco tempo para que a Carteira Real recolla as cartas para Melchor, Gaspar e Baltasar. A cita é ás 18.00 no Auditorio da Xunqueira. As entradas están esgotadas, pero poden seguir a retransmisión en directo a través do Facebook do Concello de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará