Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As emprendedoras de Soutomaior fórmanse en novas tecnoloxías

Clausura somos expertas

O Concello de Soutomaior clausurou esta semana o seu novo programa de apoio a mulleres emprendedoras. Baixo o título “Somos Expertas”, a iniciativa pretendía instruír a 13 veciñas do municipio, propietarias de establecementos comerciais, en conceptos como a relación co cliente, as novas tecnoloxías e o escaparatismo, entre outros. O programa levouse a cabo desde o pasado mes de outubro e comprendía varias sesións en grupos reducidos para tratar conceptos xerais, pero tamén tutorías individuais impartidas por expertos “para dar apoio específico ao tipo de negocio de cada participante”. O proxecto centrou o seu temario en cinco módulos xerais que se centraban na viabilidade e desenvolvemento de cada negocio. As participantes formáronse en competencias dixitais e novas tecnoloxías aplicadas ao comercio, escaparatismo e comunicación, entre outras cuestións. Ademais, o ciclo incluía unha mentoría especial de asesoramento para mulleres con intencións de emprender o seu propio negocio. Nela, as participantes aprenderon a estudar a viabilidade dos seus proxectos, definir un plan de negocio e determinar o grao de preparación de cada persoa para cada proxecto. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, indicou que esta clase de iniciativas que favorecen de forma directa ás pequenas empresas do municipio “e son especialmente positivas nestes momentos tan duros para a economía e esperamos que para estes negocios supoña unha axuda e un impulso”, sinalou o rexedor.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará