Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación de Empresarios recoñece as iniciativas “Grazas Redondela” e “Amigo Visible”

foto GRAZAS REDONDELA 2

O Pazo de Santa Teresa acolleu este martes un acto organizado pola Asociación de Empresarios de Redondela para recoñecer publicamente “Grazas Redondela” e “Amigo Visible”, dúas propostas a prol do comercio de proximidade que xurdiron nos últimos meses a raíz da situación xerada pola crise sanitaria neste sector. Dúas iniciativas que xurdiron dos veciños e veciñas de Redondela e que reflicten o mellor que nos está a deixar esta pandemia.

A primeira delas, #grazasredondela, púñaa en marcha Luísa Hermida, propietaria do comercio W52, quen escribía no escaparate do seu local unha mensaxe de agradecemento aos veciños polo seu apoio durante a pandemia ao escoller o comercio local para as súas compras. Palabras de gratitude que non tardaron en estenderse aos escaparates de máis de medio cento de comercios do noso municipio.

Promotores “Amigo Visible” xuno ao presidente AER, Enrique Lago

A outra iniciativa, #amigovisible, xurdía dun grupo de mozos redondeláns que ante as restricións para xuntarse e quedar, decidían reformular o “amigo invisible” que organizaban habitualmente por estas datas. O resultado unha cadea de agasallos nos establecementos de Redondela. O funcionamento consiste en mercar un agasallo para un amigo nalgún establecemento de Redondela, indicar o nome da persoa no comercio e compartilo nas redes sociais. Deste xeito pretenden manter “a ilusión do Nadal” malia que non poidan reunirse con amigos e compañeiros para as celebracións propias destas datas, á vez que promoven o comercio de proximidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará