Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco pecha o ano cunha derrota ante o pechacancelas

ChocoPontellas

O Pontellas sorprendeu ao conxunto redondelán cun gol no minuto 86. Mellor sorte correu o Xuvenil de División de Honra, que empatou no campo do Lugo. No fútbol sala vitoria do Campito, que se impuxo por 2-5 no pavillón do Beade.

Terceira División

Pontellas 1-0 Choco

Partido apático foi o que se viviu onte no campo de San Campio entre o CD Pontellas, pechacancelas do grupo, e o CD Choco. O empate sen goles podería ser un resultado axustado ao visto no campo, pero os locais obterían a recompensa dos tres puntos da xornada cun gol de Fernando aos 86 minutos de xogo. O equipo choqueiro levou a iniciativa do partido, pero sen crear verdadeiro perigo na área local. Pola outra banda, tampouco os anfitrións eran capaces de alcanzar a porteria de Cortegoso, pasando os minutos sen perigo aparente. Cando xa parecía que os de “Gonza” ían anotar o seu enésimo empate, a catro minutos para chegar ao tempo regulamentario, chegou o único gol do partido, nunha contra. Os últimos minutos foron de nervios, mentres os locais tentaban perder o tempo nos saques os choqueiros tentaban gañalo, máis nada puideron facer e sumaron a súa segunda derrota no que va de tempada, no último partido do ano. Para o Pontellas é a súa primeira vitoria. O Choco comeza o descanso de Nadal no 6º posto da táboa. Regresa á competición o 10 de xaneiro, para medirse ao Rápido de Bouzas no Baltasar Pujales, cos vigueses na parte baixa da táboa.

Xuvenil División de Honra

Lugo 0-0 Choco

Os de Alberto Suárez sumaron un punto ante o equipo lucense nun partido igualado que terminou a ceros. A intención dos redondeláns era volver con 3 puntos para recuperar a senda da vitoria. Con este ánimo viaxaba o persoal choqueiro a Lugo. Os choqueiros aos poucos e cunha presión a medio campo, empezaban a dominar, con chegadas á portaría rival con tímidas finalizacións. Tamén os locais xeraban ocasións sen a penas perigo para a portaría defendida por Borja. O susto chegaría no 21 cun balón que bailaba pola liña de gol da portaría choqueira e que Pedro salva lanzando o balón a córner. Xogada que deu aire ao bloque lucense, quen no tramo final do primeiro tempo chegaban con máis asiduidade á área visitante creando ocasións que finalmente non obtiveron recompensa. Tras o paso por vestiarios a ocasión para o Choco chegaba cunha xogada de Antón, que se internaba na área lucense, e centraba a Iago Portas, quen finalmente quedou sen ángulo para o remate. Coas idas e vidas dos dous equipos ás áreas contrarias, pero sen ocasións reais de perigo, pasaban os minutos dun partido cada vez máis igualado. Cuns minutos finais nos que o CD Lugo insistía na portaría de Borja chegaría o final do partido no que se produciría a repartición de puntos entre os dous bloques.

Fútbol Sala Terceira División

Beade 2-5 Campito

O conxunto de Chapela levou os puntos do derbi comarcal. Segue a xeira positiva de resultados no último partido do ano, que deixa ao equipo redondelán no 2º posto da táboa logo de catro xornadas disputadas. O equipo de Chapela ten agora por diante case un mes sen competición, xa que a xornada prevista para o 10 de xaneiro ante o Pazos suspendeuse ao retirarse o rival da competición. O Campito volverá xogar o 17 de xaneiro no pavillón do Bueu.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará