Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gran arranque do Campito na Terceira División

CampitoDec20

Dous empates e unha vitoria levan ao equipo de Chapela ao 3º posto da táboa. Se ben neste inicio de liga é algo “anecdótico” como recoñece Iago Fernández, o equipo ten “moi boas sensacións”. Este domingo esperan sumando na cita que os levará a Vigo para medirse ao Beade.

Na pasada xornada impuxéronse ao Vigo 2015 por 5-3 nun partido disputado no pavillón da Marisma. O Campito foi por diante no marcador durante todo o partido, se ben os vigueses non deron o partido por perdido e pelexaron ata o último segundo. O próximo domingo, ás 18.00 horas, xogarán o último partido do ano. Será no pavillón do IES Beade, cos vigueses no 6º posto da táboa, e 3 puntos no casilleiro.

Logo terán un longo parón de case un mes, ata o 17 de xaneiro, cando xogarán na pista do Bueu. A xornada prevista para o 10 de xaneiro, que o calendario reservaba para o partido entre o Campito e o Pazos de Borbén non se xogará, ao terse retirado da competición o conxunto de Pazos. Este mes de descanso servirá tamén “para recuperar xogadores tocados e con lesións”, segundo explican desde o club de Chapela. As baixas están a ser máis frecuentes esta temporada, logo de que a campaña pasada rematara a competición de maneira repentina pola crise da Covid, e a pretemporada tampouco puido desenvolverse con normalidade por mor da situación sanitaria.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará