Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un gromo na residencia de Cesantes deixa 11 maiores infectados

centro día

A atención está posta na evolución do foco de coronavirus detectado na residencia de maiores de Cesantes que pasou nas últimas horas de rexistrar un positivo pola COVID-19 a once. As últimas probas feitas aos usuarios do centro asistencial detectaron un incremento notable de casos que sitúa ao centro redondelán xunto ao de Soremay de Pontevedra (suma 13 casos) como as dúas residencias que máis infectados rexistraron nas últimas 24 horas dos 28 novos contaxiados notificados hoxe.

O gromo de Cesantes é o último que afecta ás residencias de maiores da Comunidade galega que contabiliza un total de 463 casos, cinco menos que na xornada do venres logo de producirse 29 altas e catro falecementos.

En canto aos traballadores das residencias de maiores no noso municipio, o Sergas non notifica ningún contaxiado aínda que si hai un positivo no centro de discapacitados de Chapela.

Peche perimetral Redondela

Segundo os últimos datos da Xunta, o número de positivos por coronavirus en Redondela é de 117 e 419 persoas están en seguimento por ser contacto directo dun infectado. Porén o noso municipio mantense no nivel máximo de restricións con peche perimentral, o que supón que a mobilidade está restrinxida ao interior do municipio salvo para aqueles casos xustificados.

Controis por mor do peche perimetral

Para garantir o cumprimento destas restricións, a Policía Local está a realizar controis nas principais entradas e saídas do municipio. Unhas limitacións da mobilidade que, segundo apuntan os axentes, os veciños de Redondela están a cumprir.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará