Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos de Borbén acende a iluminación de Nadal cunha tirada de fogos artificiais

PAzosLuces3

Pazos acenderá este venres, a partir das 18:45 horas na Praza do Concello, a súa iluminación do Nadal. A principal novidade deste ano é a iluminación na nova fachada da Casa Consistorial e na biblioteca municipal, ademais dunha tirada de fogos artificiais. Cada parroquia contará cunha árbore de luces led de seis metros de altura.

Instaláronose 14 arcos luminosos nas principais vías do municipio e varios motivos adornan as fachadas dos edificios oficiais e farois. Unha vez acendida a iluminación, e como os protocolos antiCovid prohiben as aglomeracións, procederase a lanzar unha tirada de fogos artificiais luminosos para facer partícipe deste momento a toda a veciñanza. O alcalde, Andrés Iglesias, destacou que o consistorio pacense é o propietario de toda a iluminación do Nadal instalada, “polo que nunca gastamos grandes cantidades e mellorámola cada ano en relación ás posibilidades económicas do Concello”. Deste xeito os veciños “poden gozar dunha iluminación de Nadal propia”. Ademais explicou que as árbores e demais elementos foron realizados polos traballadores municipais, “polo que o seu custo limítase ao material eléctrico necesario”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará