Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Digna Rivas: “A Xunta prima os intereses económicos de Aucosa por riba dos intereses medioambientais e veciñais”

digna

Malestar no goberno local de Redondela logo de que en menos dunha semana a Xunta de Galicia revogase as medidas provisionais que debían estar en funcionamento ata que Aucosa rematara as obras e eliminara os cheiros. “Primeiro solicitan a nosa colaboración para impedir a entrada de camións con mercancía e onte (xoves 19) cambian de posicionamento e envían á empresa un comunicado permitindo o acceso desa materia prima”. Unha notificación que non chegaría ao Concello ata a xornada de hoxe segundo explicou a alcaldesa.

“Estamos totalmente en contra do levantamento das medidas provisionais que o que fan é primar os intereses económicos fronte aos medioambientais polo que imos seguir loitando para lograr que, aló menos mentres as obras non estean rematadas, non entren máis camións” así se manifestaba a alcaldesa Digna Rivas, logo do acontecido onte cando unha caravana de camións accedeu a Aucosa cargada de materia prima.

A alcaldesa amosa a súa indignación ante o cambio nas medidas provisionais sobre Aucosa

“As obras non están rematadas e os cheiros seguen alí, polo que é unha falta de respecto cara a veciñanza de Redondela a decisión da Xunta de levantar a prohibición inicial que durou menos dunha semana”. Unha rectificación por parte da Dirección Xeral de Medio Ambiente que, ao entender da alcaldesa, “responde as presións da propia Aucosa”.

Indignación tamén en canto a falta de lealdade institucional por parte da Xunta xa que “a comunicación do levantamento das medidas provisionais fíxoselle chegar primeiro a Dirección da empresa conserveira, xa no mediodía de onte, mentres que ao Concello non chegaría esa información ata esta mañá”.

O comunicado chegou practicamente 24 horas antes a Aucosa que ao Concello

O comunicado da Xunta establece o levantamento da prohibición restrinxindo a chegada de materia prima a “cantidade imprescindible para non provocar situacións de colapso nas súas empresas subministradoras” e establecendo que o trasporte e ingreso deste material nas instalacións deberá facerse en contenedores estancos e quedando totalmente prohibido o seu almacenamento a intemperie.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará