Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un empate que sabe a pouco

ChocoArenteiro_o

O Choco sumou un punto ante o Arenteiro nun encontro sen goles, e no que os redondeláns mereceron máis. Na División de Honra Xuvenil o positivo por Covid no Choco obrigou a suspender o encontro previsto ante o Conxo na primeira xornada de liga.

Terceira División

Choco 0-0 Arenteiro

Cun aforo máis limitado que na primeira xornada, 150 persoas, de novo os socios redondeláns deron exemplo de responsabilidade cumprindo todas as medidas de seguridade. Nos primeiros minutos case non houbo ocasións claras de perigo, co xogo centrado no medio campo. Aos poucos o partido foi gañando en intensidade, e os locais facíanse co control do encontro insitindo na portería de Diego. Martín tentouno por partida dobre, pero faltou o acerto.. Poucos minutos antes do final do primeiro tanto o Arenteiro tivo a ocasión máis clara, pero Cortegoso rexeitou até dúas ocasións o balón. Na segunda metade os de Gonza marcaron o ritmo do encontro. Xogaban en área rival pero non eran quen de materializar as ocasións que xeraban. Ao equipo rival costáballe máis crear xogadas de perigo, malia que fixeron algunha. O partido estivo vivo até o final. O dous equipos buscaban sumar os 3 puntos, o Choco quería sumar a segunda vitoria da tempada e o Arenteiro pretendía seguir sumando de tres en tres, como viña facendo ata agora. Finalmente o encontro rematou con reparto de puntos e sen goles, nun partido marcado tamén polas numerosas interrupcións por faltas, vendo cartón amarelo por parte do CD Choco: Alberto Suárez, Comis, Guille e Iano; polo Arenteiro vírona Ger e Padró.

O conxunto redondelán xa prepara o próximo encontro. O Choco visita o campo do Ourense CF, pechacencelas da categoría, non conseguiu puntuar aínda nestas tres xornadas.

Xuvenil División de Honra

Choco-Conxo (aprazado)

Tras o positivo por Covid-19 detectado no persoal da Xuvenil División de Honra do CD Choco, e como consecuencia do illamento domiciliario que se ten que cumprir, o xuíz de Competición aprazou o encontro previsto en Compostela, correspondente á xornada 1, na que o club choqueiro tiña que medirse ao Conxo de Santiago. O encontro celebrarase nunha nova data, que será determinada cando se acrediten as circunstancias que permitan a disputa do mesmo. Tamén á espera de saber se o Choco poderá xogar esta fin de semana o seu primeiro partido como locais, sería ante o Valmiñor, que vén de empatar co Celta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará