Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela esixe manter os descontos no autobús urbano de Vigo

Vitrasa Chapela

Os usuarios do Vitrasa, autobús que conta con varias paradas no termo municipal de Redondela, confían en seguir utilizando o seu cartón. Unha sentenza do TSXG podería privar aos non empadroados en Vigo da tarxeta de desconto nas viaxes. Os veciños de Chapela rexeitan esta posibilidade, e esixen un bono de desconto “universal”, como o que existe noutras cidades.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeitou a pretensión dos Concellos de Redondela en relación ao cartón Pass Vigo, para que os vecños deste municipio poidna beneficiarse dos descontos do Vitrasa, o bus urbano de Vigo. Advirte o tribunal que existe un defecto de “forma”, malia recoñecer que limitar os descontos a usuarios empadroados en Vigo é “discriminatorio”. A alcaldesa, Digna Rivas, xa anuniou que o Concello “recorrerá a sentenza”. Os veciños de Chapela, principais afectados por esta situación, demandan unha solución, e esixen que os Concellos de Redondela e Vigo “cheguen a un acordo” para que os usuarios poidan seguir facendo uso deste transporte con descontos, como demandan Isabel e Carmen.

A tarxeta é “imprescindible” para moitos veciños desta parroquia, que empregan o Vitrasa a diario para desprazarse a Vigo por traballo, estudos, citas médicas ou outras xestións. Constante e Rafa entenden que é “un dereito” dos residentes en Chapela, xa que o bus urbano de Vigo ten parte do seu percorrido polo termo municipal de Redondela.

Explican en Chapela que para moitos veciños o Vitrasa é a única alternativa de transporte pública para desprazarse a Vigo, xa que na avenida de Redondela non dispoñen da liña dos autobuses González. Veciños de idade, como Agapito, lembran que “houbo que pelexar moito” para contar con este servizo de bus urbano na parroquia, e que agora “non pode perderse” xa que ofrece “un excelente servizo” para desprazarse a calquera punto da cidade veciña.

Sinalan os usuarios do cartón de desconto que “en ningunha cidade esixen estar empadroado para obter descontos nos bonos de viaxe”. Isabel entende que se os usuarios residentes noutros municipios non poden ter a Pass Vigo, si deben contar con outro tipo de cartón para que se bonifique as viaxes.

A sentenza do TSXG só sería executable no caso de que así o solicite o Concello de Vigo e, en todo caso, a lei prevé que o Tribunal poida denegala nesta situación transitoria “ao considerarse que a súa inmediata execución poida causar prexuizos de difícil reparación”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará