Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sanidade estivo máis de cinco días sen notificar as corentenas no Instituto de Soutomaior

ies souto

O BNG da localidade critica a  xestión por parte da Xunta dos casos detectados de Covid-19 no IES de Soutomaior, xa que aseguran que dende a Consellería de Sanidade non se realizaron as notificacións pertinentes para que os alumnos gardasen corentena. Explican que malia que os positivos se coñecían dende o pasado martes, a Xunta estivo máis de cinco días sen notificar nada aso alumnos que eran contacto directo dos positivos. Un feito que din “está a provocar un importante malestar e preocupación entre a comunidade educativa”.

Esta preocupación prodúcese despois da detección de varios positivos por Covid no IES de Soutomaior nos que a Consellaría de Sanidade non realizou as notificacións que debería ter feito para que os alumnos gardasen corentena. Explica o deputado do BNG, Manu Lourenzo que “non é normal que os positivos se coñezan dende o martes día 20 de outubro e que o luns día 26, o mesmo día que entramos en alerta vermella,  haxa familias que non foron notificadas das corentenas e que se teñan que enterar porque eles mesmos chaman ao centro de saúde despois de falar con outros compañeiros”. De feito, alumnos que deberían estar gardando corentena e aos que nunca se lles informou da existencia de positivos asistiron ao instituto e mesmo conviviron con familiares de risco.

Manu Lourenzo sinalou que o caos chega ao nivel de que hai alumnos aos que chaman a casa para facer a segunda PCR cando nin sequera lles fixeron a primeira.

Dende o BNG denunciaron que se están a producir problemas tamén coas notificacións dos positivos xa que no IES de Soutomaior hai alumnos que teñen médicos en diferentes centros de saúde dende Redondela ata Ponte Sampaio o que fai que haxa dificultades coas notificacións dos positivos xa que o centro adscrito no protocolo covid é o de Arcade. 

Ante esta situación o deputado Manu Lourenzo rexistrou no día de onte unha iniciativa no Parlamento Galego para esixir a Xunta que solucione estas situacións que cualificou de moi graves que se están a dar neste e noutros centros do país.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará