Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Samaín virtual en Redondela

samain

Dende o Concello non queren deixar de celebrar esta data tan especial sobre todo para os cativos, polo que convocan un concurso a través das redes na que poden participar todos os que envíen imaxes dos seus disfraces, cabazas, decoracións terroríficas ou mesmo pequenas curtametraxes. Os participantes verán as súas fotos e vídeos publicados nas redes sociais do concello e optarán a tres premios de 100, 75 e 50 euros. O prazo remata o venres 30.

A convocatoria está aberta para todos os colectivos, centros culturais das parroquias e particulares para que a veciñanza poida participar dende os fogares, en familia ou de xeito individual, garantindo así todas as medidas de seguridade sanitaria. Coa idea de manter o máis parecido posible o espírito desta festa do Samain os participantes deberán enviar os seus traballos ao enderezo facebook@redondela.gal, acompañado do nome da fotografía ou vídeo así como o teléfono e o correo electrónico do autor.

O 31 de Outubro a través do facebook do Concello publicaranse os traballos enviados e outorgaranse os premios aos que acaden un maior número de “me gusta”. Uns vales por valor de 100, 75 e 50 euros para gastar no comercio local.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará