Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Calcinados tres coches no centro de Redondela

incendio

A alarma saltaba pasadas as catro da madrugada cando se recibía aviso nas dependencias policiais dun lume na zona da Picota. Unha vez no lugar comprobaron que eran tres os vehículos ardendo. Ata o lugar acudiu unha dotación dos bombeiros de Vigo e outras de O Porriño que procederon a apagar o lume. As sete da mañá foi necesaria novamente a intervención dos bombeiros, ao reavivarse o lume nun dos coches.

Dáse a circunstancia de que horas antes ao redor das dúas do mediodía, tamén  fora necesaria a intervención policial para colaborar nun incendio doutros vehículo, neste caso na localidade de Soutomaior no linde con Redondela, a onde os axentes se desprazaron para apoiar aos efectivos de Protección Civil do municipio veciño.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará