Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Rodavigo suma a primeira vitoria nunha liga “con moitas dificultades para competir”

SAROviedo
“Chini” González, adestrador da SAR Rodavigo

A División de Honra Prata Feminina é unha categoría que esixe un gran nivel deportivo, pero este ano a crise sanitaria da Covid-19 está a complicalo todo aínda máis, con moitas limitacións. A SAR acadou na pasada xornada a súa primeira vitoria, foi ante o Lavadores Vigo.

O comezo de temporada foi moi difícil para o conxunto redondelán, que comezou a adestrar con dificultades, moitas baixas entre as súas xogadoras, e sen poder facer unha pretemporada “normal” con partidos amigables. Ao elevado nivel de esixencia que supón sa División Honra Prata, este ano súmanse “as limitacións” por por da Covid-19, e que non son as mesmas en todas partes. O adestrador “Chini” González, sinala que as condicións cambian “según o Concello ou a Comunidade autónoma na que xogues”. Requisitos como as probas PCR non son iguais en todas partes, tampouco a limitación do público ou o uso da máscara.

O partido, disputado na “Bomboneira” estivo moi disputado, con momentos de moita igualdade, e finalmente decantouse do lado redondelán. O técnico augura un campionato con dous grupos moi diferenciados. Advirte que haberá tres ou catro equipos moi fortes marcando a diferencia, como Lanzarote, Oviedo, Cleba León e Valladolid, e o resto “estarán pelexando pola parte media e baixa da táboa”. En canto aos equipos galegos entende que “todos baixaron de nivel” polas baixas de xogadoras importantes, como no caso da SAR.

Na próxima xornada tócalles desprazarse ao pavillón do Asmubal, un equipo “da súa liga” como explica “Chini”. Agarda que sexa un partido “complicado e moi igualado”, similar ao disputado a pasada fin de semana ante o Lavadores. O técnico confía en que, como ante as viguesas, poidan traer tamén un resultado positivo de Meaño.

Esta fin de semana visitan a pista do Asmubal

González marca como obxectivo da temporada acadar a permanencia, e poder disputar o final da liga “con tranquilidade”, pero evita facer previsións “a longo prazo”. Advirte que coa actual situación de pandemia “as cousas poden cambiar dunha semana para outra”. Sinala que “haberá que adaptarse” se chegan cambios e valora o “enorme traballo” que está a facer a directiva “para velar pola saúde de todos”. Tamén agradece a colaboración do Concello de Redondela, que fai posible que poidan xogar e adestrar no pavillón municipal “nas mellores condicións posibles”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará