Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior segue a estela de Redondela e entra tamén en alerta vermella

souto vermella

A escalada no número de contaxios mantense e vai tinguindo de vermello un número cada vez maior de concellos. Se Redondela entraba no nivel 3 o pasado sábado cun número de contaxios positivo por PCR que supera os 22, hoxe supera tamén esa cifra o municipio veciño de Soutomaior. Na mesma alerta mantéñense os concellos de Cangas, Tui, Porriño, Salvaterra e as cidades de Vigo e Pontevedra. Mellor están as cousas de Pazos de Borbén e Fornelos de Montes que continúan no nivel máis baixo de contaxios, con menos de 7 na última semana.

O Sergas actualiza o seu mapa epidemiolóxico en base aos últimos datos, que se corresponderían as seis da tarde de onte. Uns datos que non fan máis que empeorar a situación dos últimos días, sumándose novos concellos a unha alerta vermella que se vai estendendo por toda a provincia. O último concello en sumarse a este nivel 3 de contaxios é o de Soutomaior, que pasa de alerta laranxa a vermella ao superarse tamén neste concello os 21 casos positivos na última semana.

En canto aos datos dos últimos días na área sanitaria viguesa, o venres teríanse  confirmado 144 positivos, o sábado 98 e onte domingo 75, unha tendencia á baixa que hai que valorar con precaución tendo en conta que se trata de datos de fin de semana.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará