Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela segue líder tras levar o derbi comarcal ante o Forbe Reconquista

Chapelaforbe

O Rodosa Chapela mantense á fronte da clasificación do seu grupo en Primeira Nacional, con pleno de triunfos nas catro primeiras xornadas, mentres a SAR Plastic Omnium perdeu en Lanzarote ante Ampate. Na División de Honra Prata Feminina primeira vitoria para a SAR Rodavigo, que se impuxo ao Lavadores.

Primeira Nacional

Rodosa Chapela 35-20 Forbe Reconquista Vigo

Os de Fran Teixiera venceron con autoridade ao equipo vigués no pavillón municipal Manuel González Soto. O Reconquista só aguantou a primeira parte (15-14 ao descanso) ante un Chapela que foi moi superior ao seu rival, e que exerceu un dominio contundente na segunda metade. Con este resultado, o Rodosa Chapela segue líder con 8 puntos, logo de contar por vitorias as catro xornadas disputadas ata o de agora. Está empatado a puntos co Ampate Lanzarote e o Calvo Xiria. Precisamente o equipo de Carballo será o próximo rival dos de Chapela.

Ampate Lanzarote 37-27 SAR Plastic Omninum

Os redondeláns non puideron con conxunto canario, que foi moi superior. O conxunto de Pablo Muíños viaxou a Lanzarote con moitas baixas, logo de que a Federación rexeitase aprazar o encontro, adiamento solicitado pola SAR. O partido estivo dominado polos locais en todo momento. A SAR, que aínda non foi quen de puntuar neste comezo de liga, recibe esta fin de semana ao Ingenio, co conxunto canario situado na metade da táboa.

División de Honra Prata Feminina

SAR Rodavigo 26-23 Lavadores Vigo

O partido non comezou ben para as de “Chini”, cunha lixeira vantaxe para o Lavadores durante os primeiros 25 minutos. Pero nos cinco finais a SAR da primeira parte as de Redondela anotaron un parcial de 4-0, e foron ao descanso cun marcador de 15-12. A SAR seguiu por diante na segunda metade, dominando o xogo, e ampliando a vantaxe sobre as viguesas. O Lavadores reaccionou nos últimos minutos e recortou distancias (21-20, min. 49), pero as boas accións da porteira Lucía e unha defensa máis intensa da SAR permitiu deixar os puntos en Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará