Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG leva ao Parlamento a Casa de Apostas de Redondela

dav

 “Malia que a apertura do local é xa un feito dende o BNG consideramos que aínda existen algunhas lagoas sobre a concesión da licenza”, explicou a deputada Alexandra Fernández aos representantes da Coordinadora nun encontro no que deu conta das iniciativas que a formación nacionalista está a desenvolver no Parlamento, entre as que se atopan a presentación dunha proposición non de lei para o seu debate xunto a varias preguntas ao goberno galego.

No encontro coa Coordinadora en contra da Casa de Apostas, xunto ao voceiro municipal, Xoán Carlos González, a deputada do BNG recolleu os aspectos básicos de diversas propostas a presentar no Parlamento de Galiza e insistiu en que o seu principal interese reside en ter copia da acta de medición da distancia da Casa de Apostas ata os centros educativos, realizada pola dirección xeral.

Recordou que o Regulamento de Casas de Azar de Galiza, “contempla taxativamente que debe haber un mínimo de 150 metros ata os accesos de entrada e saída de centros educativos, aspecto que insisten non se está a cumprir pois a Escola de Música e Conservatorio Víctor Ureña, atópase a menos desta distancia”.

Entre as iniciativas presentadas por Alexandra Fernández, consta unha “proposición non de lei”, para debater no Parlamento Galego, co fin de rexeitar a apertura da Casa de Apostas. Tamén se dirixiu ao goberno galego, para saber se comparte o establecemento desta actividade de ocio e lecer en Redondela, que tanta preocupación está a supoñer entre a veciñanza redondelá.

Pola súa banda Xoán Carlos González, anunciou a presentación dun escrito dirixido á alcaldía no que se solicita un seguimento dos horarios da Casa de Apostas porque segundo a información da que dispoñen “estanse a incumprir os horarios de apertura durante a madrugada”. Demandan tamén que se faga seguimento no interior do local por parte da policía, de igual xeito que baixo mandato da alcaldía, se realizou nos últimos meses noutros establecementos”, informou o edil nacionalista.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará