Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Homenaxe aos remeiros de categoría infantil do Club de Remo Chapela, campións de España 2020

remo

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Deportes, Nacho González, recibiron na tarde de onte aos remeiros de categoría infantil do Club de Remo Chapela que veñen de proclamarse campións de España de bateis nos campionatos celebrados en augas de Moaña.

Os infantís do Club de Remo Chapela proclamáranse xa Campións Galegos, título que lles daba acceso directo aos Campionatos de España nos que se proclamaron brillantes gañadores.

Nestes mesmos campionatos, o club de Chapela, asinaba un extraordinario papel nas outras categorías co 4º e 5º posto que acadaban os equipos femininos xuvenil e cadete, respectivamente; o 4º posto do sénior feminino e a 6ª praza do xuvenil masculino. A estes éxitos engadíase tamén o Campionato Galego acadado polas remeiras da categoría alevín feminino.

Tanto Digna Rivas como Nacho González, expresaron “o seu orgullo por ter, en Redondela, un equipo infantil de bateis Campión de España”. A alcaldesa de Redondela tamén amosou a súa satisfacción polo traballo que realiza o Club de Remo Chapela, “non só á hora de formar deportistas, senón tamén de inculcarlles valores como o esforzo, sacrificio e traballo en equipo”, valores, engadiu Digna Rivas, que “que son de aplicación na vosa vida cotiá e contribúen a facer de todos e todas vos, non só mellore deportistas, senón mellores persoas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará