Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Daniel Boullosa: “Facemos unha pausa, pero o noso compromiso é seguir programando actos culturais”

dani boullosa radio

Os sectores da cultura e o turismo son uns dos máis afectados polo coronavirus. Ao parón vivido meses atrás agora engádense novas medidas restritivas que limitan cada vez máis os aforos e que fan inviable economicamente actuar para un número moi limitado de espectadores. Consciente das responsabilidades das administracións públicas, o edil de cultura de Redondela comprométese a seguir programando actividades culturais de cara aos vindeiros meses e semanas malia que “agora o que toca é facer unha pausa”.

A Concellería de Cultura prevé reprogramar todas as actividades que se suspendan nas vindeiras semanas

Unha pausa que supón adiar ata nova data as actividades previstas para os vindeiros 14 días como o concerto de Seso Durán previsto para mañá ou o inicio do III ciclo de teatro infantil que ía arrancar este mesmo domingo. Tamén se suspenden as visitas guiadas ao cemiterio dos Eidos que se ían desenvolver ata finais de mes.

Un revés para a poboación en xeral que durante todo este ano está a ver moi limitada a oferta cultural e, sobre todo, para os artistas que se enfrontan a un parón sen precedentes nun sector xa de por si moi precario.

Unha aposta por manter a programación cultural

Neste sentido o edil recoñece que o máis doado sería optar por suspender todo, como fixeron outros municipio “pero o noso compromiso coa cidadanía e coa cultura lévanos a continuar ofertando propostas interesantes que se retomarán en canto a situación sanitaria o permita”. Neste sentido lembra que foron un éxito de organización eventos como o Festival de Títeres ou a recente conmemoración da batalla de Rande, polo que tentarán seguir nesa liña dentro de 14 días se as autoridades sanitarias levantan as medidas actuais.

Lembra que unha boa opción para as familias segue a ser achegarse ao Museo Meirande que sigue aberto aínda que cunha limitación de aforo ao 50%.

Boullosa convida aos veciños a achegarse ao Meirande que manté3n as portas abertas con aforos máis reducidos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará