Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fran Teixiera: “O Balonmán Chapela quere estar arriba na táboa como todos os anos”

FRAN.CHAPELA

O equipo de Chapela lidera a clasificación de Primeira Nacional logo de impoñerse no derbi redondelán a pasada xornada. O técnico augura bos resultados para a SAR, que non dubida estará “na metade da táboa”. E fala tamén da situación “desagradable” que se está a vivir coa Federación, con sancións aos clubes “que son amateurs e esíxelles como a profesionais”

O BM Chapela pelexará un ano máis por estar “o máis arriba na táboa”. Logo de que a pandemia frustase a pasada temporada a opción pelexar polo ascenso, Teixeira confía en poder facelo nesta campaña. Gañaros os tres primeiros partidos de liga, o último en Redondela no derbi ante a SAR. O adestrador sinala que terán como cada ano rivais fortes como o Lanzarote ou o Xiria, pero aspira a que o BM Chapela siga “no máis alto da táboa”.

Fran Teixeira, adestrasdor do BM Chapela

O veterano técnico valora tamén a situación da SAR, que malia que non acadou aínda ningún punto, perdeu os tres partidos de liga por unha estreita marxe, e púxolles as cousas difíciles no derbi. Asegura que o equipo de Pablo Muíños ten calidade “de sobra” para a categoría, e non dubida que acabará a temporada “nunha situación cómoda na metade da táboa”.

Teixeira augura unha boa temporada tamén para a SAR

Teixeira valora tamén a situación que está a vivir o balonmán non profesional no aspecto extra deportivo. A crise sanitaria da Covid-19 xa impediu rematar a pasada temporada, e está a condicionar moito o presente campionato. Lamenta especialmente a situación que están a vivir os clubes galegos. A Federación Española negoulles a posibilidade de comezar a competición en subgrupos, e evitar desprazamentos a Canarias na primeira fase da competición. Ademais á carga económica e as limitacións que deben soportar os clubs co protocolo antiCovid, súmanse tamén as multas que están a recibir do organismo estatal. O adestrador cualifica de “desagradable” a situación que se está a vivir con sancións aos clubes “que son amateurs e esíxelles como a profesionais”.

O adestrador lamenta a situación que viven os clubs galegos coa Federación

As sancións van desde os 50 euros por non poder presentar os doce xogadores regulamentarios até os 300 euros pola imposibilidade de dispor de vestiarios. Os clubs lamentan que precisamente exista tan pouca flexibilidade nun momento no que a maioría deles enfróntase a problemas moi complexos por culpa do Covid. Os motivos de sanción teñen que ver en moitos casos con cuestións técnicas (non subir o vídeo do partido, mala calidade das imaxes ou non ofrecer a posibilidade de ver o partido en streaming).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará