Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha carpa no Centro de Saúde de Arcade permite atender aos veciños sen que baixen dos seus vehículos

centro saúde arcade

O Concello de Soutomaior ven de finalizar os traballos de instalación dunha nova carpa anexa ao centro de saúde de Arcade. A nova cuberta substitúe ás dúas estruturas móbiles habilitadas durante o comezo da pandemia sanitaria e ten como principal obxectivo o aumentar as condicións de seguridade dos veciños e sanitarios antes da chegada do inverno e da campaña de vacinación contra a gripe.

A nova carpa instalada, do mesmo xeito que a provisionais instaladas até o momento, conta cunha zona habilitada para o acceso de vehículos e servirá para que os sanitarios poidan atender a veciños sen que se baixen dos seus turismos, facilitando así que poidan realizar o seu traballo máis protexidos e nun ambiente diferente ao do paciente.

Do mesmo xeito, a nova estrutura tamén dará servizo aos veciños como zona de espera supletoria na entrada do centro. Ademais, ao ser sensiblemente máis grande que a anterior, permitirá acoller a máis usuarios mantendo o distanciamento social.

A nova estrutura foi instalada polos traballadores da brigada municipal polo que, ademais de reducir o custo da mesma, permite ao consistorio aforrarse o importe do aluguer das dúas carpas móbiles.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará