Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela intensifica a vixilancia policial para evitar reunións de máis de dez persoas en espazos públicos

redondela

O goberno local adoptaba esta medida logo de reunirse o Comité de seguimento da evolución da Covid-19 co obxecto de estudar as medidas que sexan pertinentes ante a normativa de Sanidade que establece limitar as reunións a un máximo de 10 persoas. Así, durante a tarde e noite do venres e sábado incrementarase o reforzo dos efectivos da policía local para evitar aglomeración e anuncian que, no caso de incumprimento reiterado en determinadas zonas e espazos, procederase a adoptar medidas mais estritas, incluído o precinto e peche dos espazos públicos. Si están permitidos actos culturais e deportivos que garantan a distancia social e limiten o aforo, como a Conmemoración da Batalla de Rande.

Redondela mantense no nivel de alerta amarela, sen cambios no número de contaxiados nos últimos sete días que, segundo os datos do Sergas, serían entre 7 e 14. Unha baixa incidencia que non impide que haxa que aplicar a normativa da Consellería de Sanidade que establece “limitar os grupos en espazos de uso público ou espazos privados a un máximo de dez persoas, excepto no  caso de persoas convivintes, na que non se aplicará esta limitación”.

Co obxecto de que esta medida se cumpra, o goberno local colocará carteis visibles nos parques públicos e outras zonas nas que se produce maior concorrencia de persoas indicando a prohibición de xuntanza de grupos de máis de dez persoas. Durante a fin de semana reforzarase a vixilancia policial que adoptarán as medidas de dispersión que procedan no caso de aglomeración así como as sancións que correspondan no caso de que se incumpra a orde.

Non se descarta incluso proceder ao peche de determinados espazos públicos no caso de que se reitere o incumprimento.

Si se permite a realización de eventos culturais ou deportivos nos que se poidan garnatir as medidas de seguridade como distancia social, aforo e control de acceso previsto polas autoridades sanitarias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará