Hoxe é Venres 10 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cursos de escaparatismo e ofimática en Soutomaior

escaparatismo

O Multiúsos de Arcade acollerá nas vindeiras semanas diferentes actividades formativas que buscan mellorar a empregabilidade e as capacidades dos seus alumnos. Unhas propostas que chegan dende a OMIX e nas que se poden inscribir as persoas interesadas antes do 14 de outubro.

Coñecer as técnicas máis adecuadas para montar un escaparate, aprender a diferenciar tipos de materiais, texturas, composicións así como a distinguir e aplicar os elementos indispensables para mellorar a imaxe dun local comercial, son algúns dos contidos que se achegarán ao alumnado do curso de escaparatismo que se impartirá os martes e xoves de 16:30 a 20:30 horas. O inicio está previsto para o 20 de outubro e rematará o 19 de novembro. Durante un mes os participantes recibirán así coñecementos prácticos para o traballo comercial. O prezo do curso é de 15 euros para os empadroados en Soutomaior mentres que o resto deberán abonar 45 euros.

Tamén o día 14 remata o prazo para se inscribir nun curso de ferramentas ofimáticas. Neste caso ao longo de 50 horas repartidas entre o 19 de outubro e o 30 de novembro os participantes aprenderán a manexar as aplicacións informáticas máis comúns no seu ámbito laboral e lograrán a capacitación  para crear, manipular e preparar documentos, informes e rexistros. Neste caso aas clases impartiranse en horario de mañá, os luns e mércores de 09.30 a 13.30 horas.

O prezo varía tamén entre os empadroados que deberán abonar 15 euros e os que non sexan veciños de Soutomaior que terán que pagar 45 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará