Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os infantís do C.R.Chapela, campións de España de Bateis

ChapelaEspaña

O club de Chapela conquistou unha Bandeira de Campión de España no LXXVII Campionato Nacional de Bateis. Unha gran actuación do club redondelán, que clasificou un total de catro barcos na final disputada onte en Meira, Moaña. Outras catro bandeiras quedaron en Galicia: Cabo de Cruz en infantil feminino, Tirán-Pereira en xuvenil feminino, Poboa en cadete masculino e Bueu-Teccarsa en absoluto masculino.

O club de Chapela fixo un gran campionato, clasificando catro embarcacións para a final disputada onte no campo de regatas de Samertolameu. Ademais do batel infantil masculino, pelexaron tamén na final os barcos das categorías femininas de cadetes, que foron quintas, as xuvenís e as sénior que remataron ambas en cuarta posición. A final de menor idade dos rapaces estivo moi disputada, cun primeiro longo no que os remeiros de Redondela e os vascos de San Juan pasaron a baliza igualados, e co resto de rivais moi preto. Finalemnte, os de Chapela fixeron a mellor regata e acadaron a Bandeira e o título de España. O barco de Pasaia foi segundo e pechou o podio Rianxo.

Finais de Honra femininas: I nfantil: 1. Cabo Cruz, 5.27:37; 2. Vilaxoán, 5.27:42; 3. Amegrove, 5.32:59: 4. Samertolaméu-Oversea, 5.34:30; 5. Tolosaldea, 5.43:15. Cadete: 1. Koxtape, 8.04:87; 2. CN.Riveira, 8.10:77; 3. Isuntza, 8.11:32; 4. Kaiku, 8.12:85; 5. Chapela, 8.23:31. Xuvenil: 1. Tirán-Pereira, 10.27:29; 2. Tolosaldea, 10.40:05; 3. Rianxo, 10.41:07; 4. Chapela, 10.47:37; Koxtape, 10.59:66. Absoluta: 1. Kaiarriba (Donostiarra), 10.16:16; 2. Riveira, 10.34:91; 3. Samertolaméu-Oversea, 10.38:35; 4. Chapela, 10.40:09; 5. Deustuko, 10.44:28.-

Finais de Honra masculinas: Infantil: 1. Chapela, 4.53:64; 2. Koxtape, 4.55:57; 3. Rianxo, 4.58:22; 4. Cabo Cruz, 5.02:04; 5. Tirán-Pereira, 5.05:06. Cadete: 1. Puebla, 7.46:89; 2. Amegrove, 7.51:14; 3. AN.Castro, 7.57:76; 4. Mecos, 8.00:57; 5. Orio, 8.00:77. Xuvenil: 1. Koxtape, 9.38:51; 2. Mecos, 9.39:25; 3. AN.Castro, 9.49:61; 4. Bueu-Teccarsa, 9.57:30; 5. Deustuko, 10.01:23. Absoluto: 1. Bueu-Teccarsa, 9.26:12; 2. Koxtape, 9.38:04; 3. Arkote, 9.38:67; 4. Puebla, 9.40:07; 5. Isuntza, 10.01:84.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará