Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Goberno local paraliza a obra do depósito de gas licuado de aucosa ao non contar con licenza urbanística

AucosaGas

Digna Rivas explica que ante o “incomprensible silencio e indiferenza” da Xunta, o Goberno “adoptará todas as medidas necesarias” para defender os intereses dos veciños. “O permiso urbanístico non inclúe o depósito de gas polo que hoxe mesmo procederemos a paralizar esa obra” asegura a alcaldesa. Nega así rotundamente a afirmación do director da planta, Roberto Casas, quen asegurara que ese depósito non contaba con autorización municipal porque o propio concello lle trasladara que non era competente na materia.

O Goberno de Redondela lanza unha mensaxe de tranquilidade á veciñanza de Cabanas, Rande e Chapela ante a alerta ocasionada polas obras de construción dunha instalación de gas licuado nos terreos da empresa Aucosa, traballos “que non figuraban na licenza solicitada pola empresa” e, en consecuencia, o Concello “adoptará medidas de restauración da legalidade urbanística”.

A alcaldesa tranquiliza aos veciños

A alcaldesa Digna Rivas lamentou que por parte da dirección da empresa se tentara terxiversar a realidade ao afirmar que a obra “non conta con autorización municipal porque o propio concello trasladoulle que non era competente nesta materia” cando á realidade é que os servizos técnicos do Concello trasladáronlle a Aucosa, expresamente, “que os traballos, SI estaban suxeitos a licencia e, a pesar diso, omitiron as obras da instalación de gas licuado na mesma”.

En vista de todos estes feitos, o Concello manterá a vixilancia no cumprimento da licenza outorgada a Aucosa “para ter a seguridade de que os traballos que está a realizar, están recollidos no correspondente permiso”, vixilancia que de momento deu como froito “decatarse do inicio dunhas obras non recollidas na licencia presentada por Aucosa”.

Explican que paralizan a obra porque non conta coa autorización urbanística pertinente

En todo caso, engade a alcaldesa, “os servizos técnicos do Concello requirirán á Xunta de Galicia as correspondentes autorizacións e permisos que lle foron concedidos á empresa porque, de existir, nunca foron remitidas ao Concello por parte da administración autonómica”.

Por outra banda, a alcaldesa Digna Rivas e o concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, amosaron a súa “incredulidade” ante o que cualificaron de “incomprensible silencio e indiferenza da Xunta de Galicia “ante un problema que afecta seriamente á saúde e calidade de vida dun grande número de veciños e veciñas”. Hai meses, sinala a rexedora local, “que vimos solicitando dende o Concello e de xeito insistente, unha reunión coa Dirección Xeral de Calidade Ambiental, sen que ata o de agora esta se teña producido”.

Critica á Xunta por non actuar malia ter enviado máis de 30 denuncias en tan só un ano

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará