Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Conto concerto en Chapela para celebrar o aniversario da Biblioteca Xela Arias

xoan curiel

O Multiúsos do Piñeiral acolle este xoves día 1 un espectáculo infantil baixo o título “Como montar a túa banda”. Un conto concerto de Xoán Curiel orientado a nenos de 5 a 10 anos de idade. As prazas son limitadas polo que compre inscrición previa na Biblioteca de Chapela (teléfono 986 45 42 26).

A biblioteca quere celebrar o seu 15 aniversarios tamén neste tempo de distanciamento e máscaras e faino cunha proposta musical a cargo de Xoán Curiel, quen a través do teatro achegará aos cativos todos os pasos para montar unha banda, os distintos instrumentos e estilos musicais coma o rock, pop, funk, reggae, rap… o xoves 1 ás 18:30 horas. No caso de que o  tempo o permita a actividade realizarase ao aire libre.

Mª Elena Becerra, responsable das Bibliotecas de Redondela, fálanos da actividade do xoves

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará