Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Radio Redondela renova a súa páxina web

radio

A emisora municipal Radio Redondela renova a súa páxina web facilitándolle á audiencia o acceso ás noticias de actualidade, á programación e a emisión online. Unha actualización moi demandada polos usuarios que permite acceder a todos os seus contidos dende calquera dispositivo (móbil, tablet, ordenador…). Á web pódese acceder a través do enderezo www.radioredondela.com.

A emisora local renova así a súa imaxe en Internet, cunha páxina máis atractiva que permite descargar os programas e acceder aos audios en calquera dispositivo móbil así como seguir a programación en directo.

As pautas que se tiveron en conta á hora de facer as actualizacións priman un contido máis accesible, visual, unha navegación máis sinxela e unha versión online máis atractiva. O obxectivo último é converter esta páxina, consultada masivamente polos veciños e veciñas de Redondela, nunha ferramenta máis accesible e próxima, fomentando a información, o coñecemento e o entretemento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará