Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco estreará a temporada ante o Rápido de Bouzas en Santa Mariña

Choco1
Iván Crespo, o presidente do CD Choco, advirte que a primeira fase será “moi dura”

Os equipos de Terceira División xa coñecen o calendario para esta tempada, que arrincará o próximo 18 de outubro. Será cun formato diferente, con dous grupos de 12 equipos cada un. O grupo 1A, cos equipos da Coruña e Lugo e o 1B, no que se integran os clubs de Pontevedra e Ourense. Deste xeito, esta primeira fase do campionato terá un total de 22 xornadas.

O sorteo celebrado onte en Santiago na sede da Real Federación Galega deparou un duelos de rivalidade local entre o Choco e o Rápido de Bouzas na estrea. Na segunda xornada o Choco viaxa a Ribadumia. O seguinte derbi comarcal será na sexta xornada, cando o Choco reciba ao Atios. A estas alturas os equipos máis fortes desta atípica tempada xa irán tomando posicións mostando o seu potencial nesta primeira fase. O grupo do conxunto redondelán é sen dúbida o máis forte, xa que nel participan a maioría dos equipos que adoitan acaparar os postos altos da táboa na Terceira División. Iván Crespo, presidente do Choco, recoñece que a primeira parte da competición será “moi dura”. A competición nesta primeira fase estenderase até o 21 de marzo nunha Liga que xogará o seu último partido do ano o 20 de decembro e que se renovará o 10 de xaneiro coa segunda volta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará