Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela triunfa no territorial de bateis en Meira

batelFemininoChapela_o
Dos bateis clasificados por Chapela destacan os ouros no absoluto feminino e infantil masculino

O C.R.Chapela acaba de clasificar un total de nove embarcacións para o Campionato Galego de Bateis que a próxima fin de semana se disputa na Pobra. Todo un éxito logo de rematar estes bateis entre os catro primeiros da súas respectivas categorías, onde destacan os ouros no absoluto feminino e o infantil masculino.

Sete clubs repartíronse os dez títulos provinciais de bateis nos campionatos celebrados esta fin de semana na enseada de Meira, nunha proba organizada pola SD.Samertolaméu-Oversea. Descatacaron, xunto co C.R. Chapela, Tirán-Pereira e Mecos, tamén con dous títulos: alevín e xuvenil feminino para os de Moaña e cadete feminino e xuvenil masculino para o club do Grove. Cun título tamén se sumaron ao palmarés Samertolaméu-Oversea, infantil feminino; Virxe da Guía, alevín masculino; Amegrove, cadete masculino e Mar de Bueu, absoluto masculino. Das dez categorías celebradas, os catro primeiros barcos conseguiron o pase para disputar a próximo fin de semana na Pobra do Caramiñal o Campionato de Galicia, aínda que nalgunhas categorías é posible que poida repescarse algún equipo máis.

Categorías femininas: Alevín: 1. Tirán-Pereira, 2.48:81; 2.- Mecos, 2.55:90; 3. Chapela, 3.03:90. Infantil: 1. Samertolaméu, 5.26:07; 2. Amegrove, 5.28:23; 3. Vilaxoán, 5.38:19; 4. Tirán-Pereira, 5.43:09. Cadete: 1. Mecos, 8.16:35; 2. Chapela, 8.39:75; 3. Samertolaméu-Oversea, 8.40:16; 4. Tirán-Pereira, 9.30:79. Xuvenil: 1. Tirán-Pereira, 10.51:77; 2. Chapela, 11.04:39; 3. Mecos, 12.10:09. Absoluto: 1. Chapela, 10.46:87; 2. Samertolaméu-Oversea, 10.50:43; 3. Virxe Guía, 11.05:24; 4. Bueu-Teccarsa, 11.10:29.

Categorías masculinas: Alevín: 1,. Virxe Guía, 2.41:22; 2. Samertolaméu-Oversea, 2.46:65; 3. Bueu-Teccarsa, 2.47:39; 4. Mecos,m 2.48:16. Infantil: 1. Chapela, 4.55:83; 2. Tirán-Pereira, 4.59:43; 3. Vilaxoán, 5.03:93; 4. Mecos, 5.12:94. Cadete: 1. Amegrove, 7.11:06; 2. Mecos, 7.19:60; 3. Samertolaméu-Oversea, 7.27:81; 4. Chapela, 7.33:94. Xuvenil: 1. Mecos, 9.36:48; 2. Chapela, 9.54:39; 3. Bueu-Yeccarsa, 10.11:90; 4. Arealonga, 10.22:64. Absoluto: 1. Bueu-Teccarsa, 9.30:16; 2. Ría Marín, 9.47:21; 3. Mecos, 9.56:57; 4. Chapela, 9.57:47.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará