Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A dirección do IES Illa San Simón presentará a súa dimisión se a Consellería non reforza a limpeza

illa san simón2

A menos dunha semana para que arranque o curso escolar en Educación secundaria e formación profesional, prevista para o vindeiro 23 de setembro, os centros enfróntanse a moitas dificultades. Son moitos os que están pendentes de que se lles asigne novo profesorado para facer fronte aos desdobramentos que houbo que realizar para poder manter a distancia entre o alumnado. Noutros casos o problema radica na falta de persoal para realizar uns traballos de limpeza que se incrementan notablemente respecto de anos anteriores. O director do IES Illa San Simón anuncia que a dirección en bloque presentará a súa dimisión se non logran un reforzo de persoal e ameazan con pechar aulas se non poden garantir a desinfección.

O Illa San Simón, como o resto dos centros de ensino secundario, tivo que reorganizar o seu espazo para tentar adaptarse ao covid-19. Non foi doado, pero “facendo encaixe de bolillos” como explica o director, Ramiro Armesto “conseguimos manter os grupos sen necesidade de facer desdobramentos, para iso tivemos que baleirar as aulas completamente, retirando armarios, percheiros e calquera tipo de elemento prescindible para poder meter as mesas mantendo a distancia obrigada polo protocolo antiCovid”. Algo que lles permitirá arrancar o curso co número de profesores co que contaban o ano pasado.

Maior problemas teñen nos espazos exteriores xa que hai que garantir tamén os grupos burbulla no tempo de descanso, cando o alumnado sae ao patio “cando chove non temos espazos suficientes para evitar que coincidan os grupos polo que teremos que facer quendas”.

Con todo é a limpeza o que máis preocupa neste centro xa que entenden que con tan só dúas traballadoras (unha a xornada completa e outra a xornada parcial) non é posible realizar a limpeza e desinfección que esixe o protocolo. “Necesitamos que se incremente o persoal de limpeza, no caso de que non atendan esta demanda o equipo directivo dimitirá en bloque e de non aceptaren esa dimisión non descartamos pechar o centro porque non podemos ter alumnos sen garantir a seguridade”

A día de hoxe seguen a espera do que lles comunique a Consellería pero insisten en que non se van enfrontar a unha denuncia por non poder cumprir o protocolo”.

O director do centro, Ramiro Armesto, fálanos das principais carencia no Instituto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará