Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Compañeiros dos dous irmáns de Cesantes contaxiados de coronavirus dan negativo nas probas PCR

cole outeiro

O Colexio Outeiro das Penas de Cesantes activaba os protocolos sanitarios logo de coñecerse a existencia entre os seus alumnos de dous positivos en Covid, irmáns que cursan 2º de primaria e 4º de Infantil neste centro educativo. Uns protocolos que obrigaban a clausurar as dúas aulas nas que estaban estes rapaces. Tres días despois de que transcendese o primeiro dos contaxios xa se coñece a maior parte das probas realizadas ao resto do alumnado, todas elas negativas. Por precaución, os nenos pasarán a corentena nos seus domicilios. Dende a ANPA trasladan unha mensaxe de tranquilidade “porque se demostrou que os protocolos funcionan e que se aplicaron as medidas necesarias para detectar e reducir posibles contaxios”.

Tranquilidade no Outeiro das Penas malia as dúas aulas clausuradas por Covid. Malia a preocupación coa que pais e nais recibían a noticia de que o luns un neno dera positivo en coronavirus e que se confirmara tamén o contaxio da súa irmá, alumna de infantil deste centro educativo, a sensación é que tanto dende o Centro como dende a Consellería se actuou con rapidez aplicando as medidas sanitarias correspondentes. Así o explica a presidenta da ANPA, Rita Pérez que insiste ademais que os rapaces non se terían contaxiado no centro ao que tan só acudiron na mañá do venres.

Apuntan tamén que a alumna de infantil tan só estivo en contacto con 6 rapaces “ao estar en período de adaptación” pero por precaución decidiuse confinar toda a aula.

A presidenta da ANPA, Rita Pérez traslada unha menxase de tranquilidade

Os protocolos aplicáronse nada máis coñecerse o contaxio

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará