Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP pide que se amplíen as medidas de seguridade na estrada entre Reboreda e Ventosela

RR_Noticias

O Partido Popular pide á Deputación que amplíe as medidas de seguridade na estrada provincial EP-2900, un vial no que segundo explican “recentemente se colocaron pasos redutores de velocidade e sinalización nalgúns puntos da vía, pero aínda queda un tramo pendente no que os riscos e perigos son tamén notables para os seus usuarios”.

A voceira local do PP e deputada provincial, Carmen Amoedo, xunto aos tamén deputados Jorge Cubela e Alejandro Lorenzo, visitaron este lugar xunto aos veciños, que amosaron “a súa preocupación pola inseguridade á que se expoñen cada día neste punto da estrada provincial e lembraron que xa se produciu algún accidente e saída de vía na zona”.
Os populares explican que se trata dun tramo estreito, con dous sentidos de circulación, sen beiravías e, polo tanto “un perigo latente para os peóns, xa que para camiñar teñen que invadir os carrís de circulación”. Por ese motivo reclaman que tamén neste punto, e do mesmo xeito que se fixo no resto da vía, que se coloquen pasos redutores de velocidade e se incremente a sinalización de cara a mellorar a seguridade vial de peóns e condutores.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará