Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A feira de Redondela adíase ao 13 de setembro para non coincidir co Festival de Títeres

RR_Noticias

A feira de Redondela que, tradicionalmente celébrase os días 6 e 21 de cada mes, pasará a celebrarse o vindeiro día 13 de setembro, ao coincidir o día 6 co Festival Internacional de Títeres, e que imposibilitaba a súa celebración. Os postos serán distribuídos entre o seu emprazamento habitual e parte da alameda de Redondela para garantir que poidan manter a distancia de seguridade recomendada entre eles.

A medida, sinala o Concello de Redondela, estaba xa prevista, estudada e decidida dende hai tempo de acordo co servizo de Urbanismo, habida conta do inicio do curso en setembro e que a Avenida Mendiño é lugar de paso obrigado para o transporte escolar. Unha medida que se aplicará para garantir a seguridade sanitaria dos veciños.
En todo caso, o Goberno local subliña que as medidas que se vaian tomando para adaptar a feira de Redondela a “nova normalidade” dependerán sempre da evolución da pandemia da COVID-19 e das recomendacións e directrices vaian marcando as autoridades sanitarias tanto da Xunta de Galicia como do Goberno da nación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará