O Concello de Redondela abre a Convocatoria para a Concesión de Axudas de Comedor Escolar. As persoas interesadas teñen de prazo para solicitala ata o 28 de setembro. Estas axudas están destinadas a aqueles nenos e nenas escolarizados nos centro públicos do municipio que cursen 2º ciclo de Educación Infantil ou Educación Primaria e fagan uso do servizo de comedor escolar. Par a concesión das axudas terase en conta os ingresos dos solicitantes.
O prazo de solicitudes é de 30 días naturais, dende o día seguinte ao á publicación das bases no BOP polo que se manterá aberto ata o vindeiro 28 de setembro.
Todas as persoas que estean interesadas en solicitar a axuda poden consultar a páxina web do Concello de Redondela onde están publicadas as bases e convocatorias, ou poden dirixirse á Concellaría de Servizos Sociais (unischapela@redondela.gal).