Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Incautan sete kilos de marisco e identifican a 4 furtivos en Arealonga

RR_Noticias

Unha nova actuación de Medio Ambiente e Policía local contra o marisqueo ilegal saldouse coa incautación de marisco, o requisamento de aparellos e a identificación de catro persoas na praia de Arealonga en Chapela. Unha actuación levada a cabo conxuntamente entre o departamento de Medio Ambiente e Policía Local e que responde ao compromiso adquirido polo Concello coas Mariscadoras para loitar contra o furtivismo neste areal.

Nesta terceira operación programada polo departamento medio ambiental logrouse identificar a catro infractores, incautar un angazo, un sacho e bolsas con marisco que estaban agochadas debaixo de táboas, pedras, algas ou nos petos dos usuarios da praia . O marisco incautado que todo xunto tiña un peso aproximado de 7 quilogramos foi devolto o mar.
O departamento de medio ambiente procederá a apertura de expediente as persoas identificadas e estudará a imposición de medidas disciplinarias que lle permitan as competencias e legalidade vixente sobres este tipo de infraccións. Unha das persoas identificadas é reincidente e xa conta con expediente aberto nas actuacións realizadas do mes de Agosto .
Dende o Concello lembran que este tipo de actividades poñen en perigo a saúde pública pois parte do marisco retirado polos furtivos acaba no mercado negro en grandes cantidades sen ningún tipo de control de tamaño e sanitario, que no caso de Arealonga o marisco precisa ser depurado para o seu consumo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará