Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración no Centro de Saúde de Redondela en demanda dunha atención primaria de calidade

RR_Noticias

A protesta, convocada polo BNG, terá lugar este venres ás 11:00 horas baixo o lema “Por uns centros de saúde de calidade”. Unha mobilización coa que queren demandar que se dote de máis persoal á atención primaria. Temen que a situación sanitaria actual provocada polo Covid, con citas case exclusivamente telefónicas, sexa “un experimento da Xunta para eliminar a atención presencial e reducir persoal”.

Entendemos que a Xunta debe dotar de máis persoal os centros de saúde en xeral e o de Redondela en particular, explica o portavoz do BNG, Xoán Carlos González. Convocantes desta protesta, lembran dende a formación nacionalista que dos 14 médicos asignados ao centro de saúde de Redondela “as vacacións de tres non se cubriron o que supón unha sobrecarga de pacientes para os médicos que si están”. En canto aos pediatras son catro os asignados a este centro, dos cales un leva de baixa máis dun ano sen que fora substituído e outro está compartido con outros centros da bisbarra. Tamén é escasa a atención administrativa por mor “dunha carencia de persoal cronificada nos últimos anos e que se agudiza aínda máis nos meses de verán”.
Aseguran que non se trata dunha cuestión puntual “a atención primaria está sendo atacada pola Xunta a nivel xeral, e tememos que a atención vía telefónica que se está a realizar por mor do Covid sexa un adianto do que pode acontecer de cara ao futuro, de xeito que se reduza a atención presencial e tamén o número de sanitarios nos centros.
Decidiron convocar esta protesta ante as queixas que lles facían chegar os veciños, unha concentración que terá lugar este venres ás 11:00 e na que estará presente ademais do portavoz do BNG en Redondela a deputada Alexandra Fernández. Non descartan a creación dalgunha plataforma a nivel local para traballar a favor e defensa da sanidade. Entenden ademais que “se non hai presión na rúa non se mellora a atención sanitaria, polo que estamos traballando tamén nunha segunda concentración en Chapela”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará