Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Guillermo Gil, Tropos Teatro: “Hai moitas gañas de títeres e de teatro”

RR_Noticias

Fundador da compañía madrileña e director artístico do Teatro de Títeres do parque do Retiro, Gil recoñece que o regreso á actividade logo do parón cultural provocado pola pandemia está a ser ilusionante e un tanto incerto pola medidas que hai que aplicar para garantir a seguridade, malia que “tanto os profesionais como o público temos moitas gañas de teatro”. Hoxe e o venres presentan en Redondela a obra Caperucita Roja, dentro da programación de rúa do Festival de Tïteres de redondela.

Arranca a programación de rúa do Festival e faino cun chamamento dos organizadores a que ninguén se desprace á vila agás os que conten con entrada, xa que para evitar aglomeracións os espectáculos non serán visibles dende fóra das carpas. Unhas medidas que buscan garantir a seguridade ao tempo que ofrecer actuacións en prazas e rúas. A primeira das propostas será hoxe xoves co Titiricircus de Tanxarina na praza do Salgueiral e seguiralle na pista da Xunqueira a obra Caperucita Roja da compañía madrileña Tropos teatro. Achegan ao noso concello un clásico que revisitan para facelo “máis tolo, divertido e desobediente” cun espectáculo que gusta tanto a grandes como a cativos porque, segundo explica o director da compañía, Guillermo Gil “un dos nosos obxectivo é que os títeres sexan divertidos para os rapaces e para os pais e nais que os acompañan”. Traballan diferentes técnicas e escenarios para adaptarse así ao ritmo máis dinámico ao que están acostumados os nenos na actualidade botando man do traballo actoral, títeres de mesa e títeres de luva nun espectáculo que ofrece unha función dobre, o xoves e venres ás sete da tarde.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará