Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela súmase á Línea Verde, unha plataforma de comunicación entre veciños e concello

RR_Noticias

Os veciños de Redondela poden dende hai anos descargar de xeito gratuíto a app Línea verde, unha aplicación que permite ós cidadáns transmitir incidencias, realizar consultas medioambientais ou recibir información municipal. Ademais de a través da app, aplicación que é preciso descargar gratuitamente no móbil, ou a través da web www.lineaverderedondela.com poderemos realizar consultas ou trasladar incidencias aos responsables municipais. Un app que regresa á actualidade lodo de que dende AER decidiran recuperar a información para lembrar que en tempos do goberno popular tamén se defendía a importancia das algas nas praias.

O Concello de Redondela adheriuse hai anos á plataforma dixital “línea verde”, unha plataforma que inclúe unha serie de servizos para mellorar a xestión municipal, a resolución de incidencias na vía pública e fomentar a comunicación cos cidadáns e a concienciación e información ambiental.
Basta con pinchar no botón “nova incidencia”, e elixir unha entre as diferentes tipoloxías que se recollen: animais abandonados, desinsectación e desratización, abastecementos e saneamento de augas, fontes públicas, residuos, verteduras.
Entre as informacións que se recollían na documentación que o PP empregaba no seu día para publicitar esta App facíase referencia a “importancia das algas para combater o cambio climático”.
AER recuperaba esta publicidade a través do seu facebook como rección antes as críticas que están a recibir pola decisión da Concellería de Medio Ambiente de non retirar a totalidade das algas dos areais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará