Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela encadea catro meses de creación de emprego

RR_Noticias

O comportamento do emprego está a ser positivo na nosa bisbarra, onde o paro segue a baixar por cuarto mes consecutivo. Practicamente situámonos en cifras que se manexaban o pasado mes de febreiro, semanas antes de que se producira o parón económico provocado pola pandemia e que supuxo a destrución dun elevado número de empregos. A día de hoxe en Redondela son 1.675 as persoas en busca de emprego logo de que se fixeran 23 novos contratos en Agosto.

No peor momento da crise (mes de abril) eran 2.064 persoas as inscritas nas listas do Inem, cifra que se foi reducindo ata as 1.675 persoas inscritas actualmente. Unha redución no número de parados que tamén se observa nos municipios veciños de Soutomaior con 582 persoas desempregadas, Pazos de Borbén con 252 e Fornelos de Montes con 145 parados.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará