Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Museo Carallás: unha pinacoteca en torno ao títere na Alameda de Redondela

RR_Noticias

Oito artistas amosan a súa visión particular dos títeres no “Museo Carallás”, nunha exposición colectiva que se poderá visitar o venres, sábado e domingo dende as 11:00 ás 20:00 horas na Alameda Castelao. Os e as artistas Beatriz Blanco, Angel barros, Kiko Amoedo, Chelo Rielo, Pilar Fernández, Xacobe Pérez, Suso Ben e Ruth Rodríguez son os encargados de trasladar ao lenzo a súa idea do mundo do títere nunha proposta enmarcada na XXI edición do Festival Internacional de Títeres de Redondela.

Malia tratarse dunha edición extraordinaria con aforos limitados e menos espectáculos por mor do Covid, os organizadores non quixeron deixar de lado o que é xa unha tradición: incluír no programa unha exposición que neste caso é colectiva e que conta participación de oito artistas da vila. Todos eles foron convidados a plasmar nas súas pinturas o seu sentir e visión do mundo do títere. O resultado é unha mostra “variada e enriquecedora” segundo explica unha das participantes, Ruth Rodríguez, quen fala de “propostas todas elas moi diferentes tanto en técnicas con acrílico, óleo ou incluso gravado así como outras máis experimentais que empregan material de refugallo, pero tamén os propios temas que son do máis variado”.
No seu caso, apostou por centrarse nunha compañía de referencia no mundo dos títeres como son “Hugo e Inés” dous artistas que empregan o seu propio corpo para crear o seu mundo de monicreques. Traslada así esta idea ao seu cadro para crear unha composición con dúas personaxes que se asoman a unha ventá e que “enganan” ao espectador.
Oito artistas e oito imaxes que son outro xeito de vivir os títeres nun ano no que poucos son os espectadores que poderán acceder a unha salas moi limitadas en aforo para garantir un festival seguro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará