Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Usuarios do Centro de Saúde de Redondela claman por unha sanidade “presencial e de calidade”

RR_Noticias

Convocados polo BNG, un cento de veciños concentráronse esta mañán ás portas do Centro de Saúde de Redondela para esixir unha Atención Primaria “de calidade, con máis contratación de profesionais sanitarios e unha atención presencial”. A protesta repetirase a próxima semana no centro de Saúde de Chapela.

O voceiro do BNG de Redondela, Xoán Carlos González, puxo de relevo as carencias da Atención Primaria “que leva sufrindo moitos recortes nos últimos anos”. A crise da Covid-19, con citas case exclusivamente teléfonicas e longas esperas “está a agravar unha situación que xa era precaria antes”, segundo os nacionalistas. saúde en xeral e o de Redondela en particular, explica o portavoz do BNG, Xoán Carlos González. Denuncia que dos 14 médicos asignados ao centro de saúde redondelán “as vacacións de tres deles non se cubriron, o que supón unha sobrecarga de pacientes para os médicos restantes, que deben consultar máis de 50 doentes nun día”. A deputada nacionalista Alexandra Fernández, que participou na concentración, censurou a política do goberno galego “cun desmantelamento total da sanidade nos últimos anos”. Na súa intevención acusou ao presidente Núñez Feijóo “de cara dura” por pretender “silenciar” o debate sobre a sanidade na sesión de investidura e comprometeuse desde o BNG “a dar a batalla” por unha sanidade pública de calidade. María Xosé García, da CIG, falaba da saturación que están a sufrir os servizos de urxencias e os seus profesionais “ante a imposiblidade de que os pacientes sexan atendidos nos seus centros de saúde”. Esixen unha asistencia “presencial e non telefónica” do mesmo xeito que no resto sectores xa se recuperou a presencialidade “e por iso seguiremos mobilizándonos”, advirte. Con lemas como “Queremos atención presencial” ou “Máis contratación na Sanidade” os veciños reclamaron unha Atención Primaria “de calidade”. Usuarias do Centro de Saúde como Concepción ou Mari Carmen, veciñas de Vilar, sinalan que esta situación precaria “xa vén de atrás”, e a crise sanitaria da Covid-19 “agravouna aínda máis”. Esixen unha Atención Primaria “sen listas de espera de ata 15 días” e consultas presenciais “porque hai moitas doenzas que non poden diagnosticarse por teléfono”. Entenden que a culpa non é dos médicos “que están moi saturados e non dán para máis” senón da xestión que fai o Sergas “que non contrata o persoal necesario”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará