Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carlos Hernández: A situación actual é moi dura, pero eventos como o Festival de Títeres súbenos o ánimo

RR_Noticias

Tïteres de gran tamaño forman parte do espectáculo que durante esta fin de semana ofrecerá a compañía Mutis teatro. “Las aventuras de la intrépida Valentina”, tal e como nos explica Carlos Hernández, é o título desta obra orientada tanto a cativos como a maiores e na que se fala da discriminación de xénero pero sempre dun xeito atractivo e ameno, onde a protagonista se enfronta a diferentes aventuras para superar os problemas cos que se atopa ao longo da historia.

O Festival Internacional de Títeres déixanos dende hoxe e ata o vindeiro domingo un total de 30 representacións que inclúen obras de sala, espectáculos de rúa, itinerantes, concertos e como complemento para o público que carece de entrada para algún dos espectáculos, o Museo Carallás, que si se poderá visitar sen límite de aforo durante os vindeiros días na Alameda Castelao.
Unha das propostas de gran formato desta edición é “Las aventuras de la intrépida Valentina” con pases o sábado na Casa da Torre e o domingo na Pista da Xunqueira.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará