Hoxe é Martes 5 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A escola Infantil de Redondela recibe 88 alumnos cun estrito protocolo antiCovid

RR_Noticias

Os máis pequenos regresaron hoxe á escola infantil pública de Redondela, un centro que abría as súas portas con estritas medidas de hixiene como a toma de temperatura, a desinfección diaria de material e a restrición de paso aos proxenitores, quen antes de deixar aos nenos no cole deben cambiarlle o calzado. Dende o centro trasladan unha mensaxe de tranquilidade aos usuarios porque segundo explica a directora, Ana belén Villar, “aplicaranse todas as medidas necesarias para minimizar riscos”.

Logo de cinco meses e medio coas instalacións pechadas aos nenos a causa do coronavirus, este centro recuperaba hoxe a actividade máis intensa coa chegada dos 88 alumnos, nenos de entre 0 a 3 anos, que volvían así a rutina. Unha rutina marcada por un estrito protocolo que inclúe os grupos burbulla, grupos de convivencia estable para que non estean todos os nenos reunidos nas horas do patio ou comedor, a toma de temperatura ou a desinfección de todo o material.
Un curso atípico que malia todo non supuxo unha caída no número de matriculados “do mesmo xeito que en anos anteriores temos todas as etapas completas, o único cambio é q non temos lista de agarde nalgún curso, pero non se traduce nunha redución no número de nenos”.
Hai preocupación entre os pais, que deberán tomar a temperatura aos nenos antes de sair da casa e non poderán acudir ao cole no caso de presentar síntomas compatibles con coronavirus. Tamén preocupación entre as propias traballadoras “nós usamos mascara para evitar contaxiar aos nenos pero o alumnado ao ser tan pequeno non as vai levar, co cal si estamos expostas a posibles contaxios”. Neste sentido lamentan que as únicas máscaras que lles ofrece a Xunta sexan as cirúrxicas e critican que o único reforzo en persoal se reduza a un técnico durante catro meses “entendemos que non é suficiente pero obviamente imos facer todos os esforzos para que co persoal existente a seguridade sexa a máxima”.
Traslada Villar unha mensaxe de tranquilidade “pedimos paciencia aos pais e tranquilidade, porque é unha situación coa que temos que convivir e non imos escatimar esforzos”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará