Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello de Redondela lamenta que a Xunta ignore aos veciños nos cheiros de Aucosa

RR_Noticias

Logo de solicitar varias reunións nos últimos meses coa Dirección Xeral de Calidade Ambiental para trasladarlle as queixas dos veciños polos cheiros que produce a empresa situada no litoral de Cabanas, polo momento non obtiveron nin data nin contestación para esa xuntanza. Mentres os residentes na zona de Chapela, Cabanas e Rande seguen denunciando os cheiros pestilentes que sofren. Nos seis últimos meses a Policía Local levantou 28 partes por este motivo.

O Goberno de Redondela consideran “incomprensible” que o goberno galego “dea as costas e ignore á veciñanza” no problema medioambiental que supoñen os cheiros provocados pola empresa auxiliar conserveira Aucosa, que procesa restos de peixe para a súa transformación en pensos. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, lembra que “logo de pedir reiteradamente unha xuntanza coa Dirección Xeral de Calidade Ambiental e ter prevista a mesma para o 5 de agosto, o día anterior a propia Dirección Xeral anulou dita reunión”. Dende ese momento volveron solicitar novas xuntanzas, pero ata hoxe en día non teñen unha resposta a esas peticións.
A alcaldesa reiterou o apoio do concello ás reivindicacións dos veciños e explica que todas as queixas sobre os malos cheiros “son comprobadas inmediatamente pola Policía Local que levanta o correspondente informe para trasladalo, posteriormente, á Xunta de Galicia”. Segundo os datos do concello, dende o 20 de febreiro ata o 30 de agosto deste ano, a Policía Local fixo un total de 28 partes mentres que Medio Ambiente elaborou cinco informes, entre febreiro e xuño, por “olores pestilentes procedentes de Aucosa”. Tamén se remitiron dez oficios á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático así como oficios ao Xulgado de Primeira Instancia de Redondela, un ao Seprona e cinco a Augas de Galicia.
Dende o concello, explican que a intención do goberno local é seguir o cumprimento por parte de Aucosa da instalación dun sistema de captación e tolvas cubertas que reduciría, segundo a empresa, nun 99% os malos cheiros e que recolle a licenza concedida para a ampliación das instalacións.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará