Un único acertante do sorteo da Bonoloto do sábado faise cun premio que supera os 1,3 millóns de euros. O afortunado ou afortunada selou este boleto na administración “Coca de oro” da rúa Xeneral Rubín. A combinación gañadora está formada polos números 10, 16, 21, 24, 25 e 31, uns números que deixan unha vez máis un premio millonario no noso concello.
A persoa que selou este boleto recibirá concretamente 1.305.581,62 euros. O boleto foi selado no centro da vila, concretamente na Administración de Loterias nº 2 ubicada na rúa Xeneral Rubín. A persoas afortunada tivo que compralo no propio despacho xa que non venden Bonoloto por Internet. Descoñecen quen poida ser a persoa agraciada aínda que barallan que seguramente se trate dun veciño da vila, xa que é o seu público maioritario ademais dalgún peregrino que cruza a vila de camiño a Santiago.