Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Confraría avalía coa Xunta as necesidades do sector

RR_Noticias

A conselleira do Mar funcións, Rosa Quintana, acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, mantivo unha xuntanza de traballo con representantes da confraría de pescadores e do goberno local de Redondela para coñecer de primeira man as súas necesidades e inquedanzas e aclarar dúbidas relacionadas coa súa actividade.

No encontro abordaron diferentes asuntos de interese para o sector marítimo-pesqueiro da zona como a situación do marisqueo ou o impacto que a alerta sanitaria polo coronavirus tivo nos últimos meses nos profesionais do complexo mar-industria. A conselleira comprometeuse a buscar “o mellor xeito” de atender as demandas do sector.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará