Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os escaparates de Redondela énchense de títeres coa exposición “Os monicreques de Kukas”

RR_Noticias

Os monicreques comezan a tomar as rúas da vila coa mostra de Kukas, que expón as súas mellores pezas nos escaparates de dez comercios locais. O Festival Internacional de Títeres, que comeza o 1 de setembro, pon á venda esta semana as últimas entradas para todos os espectáculos. Poden mercarse ata o venres, día 28, no Multiúsos da Xunqueira de 10.00 a 13.00 horas pata as funcións de sala e ata as 14.00 horas para as de rúa.

O XXI Festival Internacional de Títeres de Redondela “Memorial Juanjo Amoedo” comeza a encher as rúas de monicreques coa exposición “Os monicreques de Kukas”. Nesta edición marcada pola Covid-19 a tradicional mostra sae da sala da Xunquira para adornar os escaparates dos comercios da vila, que acollen unha escolma dos carteis, monicreques e elementos escenográficos desta histórica compañía galega. O percorrido polos 40 anos de traxectoria de Kukas poderá verse ata o vindeiro 7 de setembro nas cristaleiras de Prize, Barbería Juan Crespo, Fotografía & audiovisual Cal-3, Librería La Imprenta, Foot on Mars, Centroptica, Papelería Moliere, Disco-Tasca e Tien 21. Ademais, o escaparate de CopiCentro rende homenaxe aos titiriteiros viaxantes do mundo, cun teatriño no interior dunha maleta.
Última semana para adquirir entradas
O festival deste ano, marcado polas limitacións de aforo e medidas de seguridade que obriga a Covid-19, conta con venda de entradas só de xeito anticipado. A organziación advirte que será “imprescindible” acudir con entrada a calquera dos espectáculos do Festival, tanto os de sala como os de rúa, que xa levan máis dun 60% do aforo vendido. Piden tamén “responsabilidade” por parte do público, e “que só se despracen a Redondela aqueles espectadores que teñan entrada”. Advirten que “sen entrada non se poderá acceder a ningún recinto e dende fóra non será posible ver ningún espectáculo”.Os billetes para a programación de rúa, con artistas como Pakolas, Mamá Cabra, Mutis Teatro, Marionetas Trécola ou Mircromina Títeres, poderanse adquirir no Multiúsos da Xunqueira ata este venres, de 10.00 a 14.00 horas cun prezo simbólico de 1 euro. As de sala estarán á venda tamén ata o venres no Multiúsos, na billeteira instalada xunto á Pista da Xunqueira, cun prezo único de 5 euros, de 10.00 a 13.00 horas. Durante a semana do Festival, do 1 ao 6 de setembro, e para evitar aglomeracións, non haberá venda de entradas. O programa de man e libreto só está dispoñible en formato dixital, tanto na páxina www.fitredondela.com como nos taboleiros repartidos pola vila ou descargándoo cos códigos QR.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará