Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello anuncia a mellora e ensanche do camiño Casal do Monte en Saxamonde

RR_Noticias

En videiras datas comezarán as obras de mellora e ensanche deste camiño, actuación subvencionada polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e que foi adxudicada por importe de 103.608 euros. O próximo mércores, 19 de agosto, a alcaldesa Digna Rivas e outros membros do goberno local manterán unha xuntanza cos veciños para darlles a coñecer este proxecto e tratar outros temas de interese para a parroquia.

A actuación estenderase nun treito de aproximadamente 400 metros partindo do entronque co camiño da Vía Vella, e permitirá o ensanchado do camiño, cun mínimo de plataforma de 5,5 metros que, posteriormente, será asfaltado cunha capa de 6 centímetros. Dada a existencia de elementos de drenaxe como son cunetas e canos, as obras inclúen tamén á súa limpeza con medios mecánicos ou manuais, segundo as necesidades, e o revestimento da beiravía en formigón así como a limpeza dos canos que se atopan obstruídos, ademais da execución doutros novos. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, subliñou tamén o feito de que no proxecto “para minorar a afección de parcelas privadas, executaranse muros de contención cunha altura máxima de 4 metros e situados a 4 metros do eixo da vía”. En canto as redes de abastecemento e saneamento, o proxecto sinala que se atopan “en bo estado e non se verán afectadas polas obras”. No caso das redes aéreas, nas que se prevé a afección dalgún poste, o seu traslado realizarase por parte da compañía correspondente. Para dar conta desta actuación e doutras que afectan á parroquia, o Goberno local convocou unha reunión veciñaara poñer sobre a mesa “outros temas de interese para a parroquia como a sinalización de cruces, reparacións de calzada, rozados, limpeza de beiravías, reparación de marquesinas das paradas de autobuses e outras actuacións que foron solicitadas no Concello pola asociación de veciños Fonte de San Román de Saxamonl o vindeiro mércores, 19 de agosto ás 19 horas na “Escuelita”. Segundo adiantou Digna Rivas, ademais de explicar o proxecto das obras do camiño Casal do Monte, a xuntanza servirá tamén pde”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará